Unha vintena de editoras levarán as novidades da cultura galega a Liber

O encontro desenvolverase do 29 de setembro ao 1 de outubro en Barcelona

O mércores comeza en Barcelona unha nova edición da Feira Internacional do Libro Liber. Unha cita de referencia ao que acudirán 23 editoriais galegas ao amparo da Asociación Galega de Editores. A presenza en Liber conta co apoio da consellaría de Cultura, que estará representada polo director xeral de Pomoción e Difusión da Cultura, Francisco López. Liber é unha feira de referencia para coñecer as novidades do sector, está considerada a antesala da feira de Fránkfurt e este ano achegará a tradición literaria de Porto Rico, país convidado nesta edición.

As empresas participantes neste encontro son, segundo informa a Asociación Galega de Editores, El Patito Editorial, Alvarellos Editora, Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira, Editorial Toxosoutos, Edicións Laiovento, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Ediciones Linteo, Hércules de Ediciones, Edicións Embora, Andavira Editora, Baía Edicións, Nova Galicia Edicións, Ideaspropias Editorial, Rinoceronte Editora, Editorial Galaxia, Biblos Clube de Lectores, OQO Editora, Editorial Everest e Edicións Nigra Trea.