O orzamento de subvencións a grandes proxectos editoriais redúcese nun 26 por cento

A partida podería ampliarse se no futuro existe dispoñibilidade orzamentaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Consellería de Cultura e Turismo ven de publicar no Diario Oficial de Galicia de hoxe as bases que regulan as subvencións para os grandes proxectos editoriais do libro galego. A convocatoria non difire substancialmente das iniciadas en 2007 co mesmo obxecto agás na contía orzamentaria, que se entre o 2007 e o 2008 subía en 100.000 euros neste caso vese rebaixada respecto á anterior convocatoria en máis de 75.000 euros alcanzando unha contía total de 219.982 fronte aos 295.387 da anterior convocatoria. Malia iso a disposición contempla unha posible ampliación futura do orzamento en función das dispoñibilidades orzamentarias. A outra novidade é a inclusión dunha “persoa vinculada laboralmente co ámbito do libro” dentro da comisión avaliadora das concesións. As axudas a grandes proxectos editoriais van dirixidas a aqueles “que procuran a excelencia tanto polo que respecta á presentación formal, tanto polos propios contidos, cando precisen unha atención e unha disposición de medios especialmente custosa para as editoriais que os afronten, ou se plasmen en obras de importancia para o crecemento intelectual de Galicia, e de difícil comercialización no mercado xeral.” O eido de alcance inclúe os novos soportes de edición.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Consellería de Cultura e Turismo