O desencontro entre a Xunta e a Asociación Galega de Editoras sobre o modelo de participación nas feiras internacionais do libro seguirá sen solucionarse un ano máis, tras unha década de dificultades de diálogo entre administración autonómica e empresas para definir como debe xestionarse a presenza do libro galego nestas citas profesionais. Se ben fai menos de dous meses, coa presentación do Plan de Impulso ao libro galego, a ConsellerÃa ofreceu un acordo coas editoras galegas para que, a partir deste ano, sexan elas as que xestionen directamente a presenza do libro galego e dos seus profesionais nas feiras Liber e na de Frankfurt, cun orzamento de 35.000 euros, a Asociación Galega de Editoras ven de anunciar o seu rexeitamento a esta posibilidade por ver comprometida nela a súa situación económica, xa que, segundo a AGE, a Xunta esixe un adianto económico "inasumible" para a Asociación. Ante esta situación as editoriais decidiron manterse como xa fixeron o pasado ano e participar un ano máis pola súa conta sen o apoio da Xunta de Galicia nas feiras internacionais LIBER e Frankfurt (outubro, 2023). As editoras galegas volverán participar nestas feiras grazas ao autofinanciamento e coa colaboración de CEDRO, como parte do posto da federación gremial estatal.
Desde a AGE explican que, seguindo os pasos doutros gremios de editores de España, presentaron hai meses á ConsellerÃa varias opcións para a contratación e xestión dos postos profesionais nas feiras internacionais. A proposta inicial da AGE foi, en principio, valorada pola Xunta, quen propuxo asinar un convenio de colaboración, pero o convenio proposto é, segundo a AGE, "inasumible" ante o risco de "afogar este ano as súas contas". Por outra banda a AGE sinala que a proposta da Xunta chega "xustamente cando xa non hai marxe de negociación pois estes dÃas péchase o prazo para conseguir unha boa localización do stand nas Feiras". Por parte de AGE son 15 as empresas editoriais do paÃs interesadas en participar en LIBER e Frankfurt. Por parte da Xunta, o último movemento de apoio veu da incorporación dos profesionais da edición na súa liña de axudas individuais para a a participación nas actividades que se celebren no sector do libro para asistir a "feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadÃas creativas" a nivel estatal o no estranxeiro. Unhas axudas que antes estaban restrinxidas a persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e que nesta recente convocatoria do 11 de maio inclúen aos profesionais da edición.