A edición galega estará presente cun posto propio na Feira do Libro de Guadalajara, que se celebra nesta cidade mexicana entre o 29 de novembro e o 7 de decembro. Segundo anunciou a Asociación Galega de Editores, un total de 24 firmas compartirán o espazo que xestiona este colectivo coa colaboración da Xunta de Galicia. Ademais, once editores visitarán México nunha misión comercial organizada pola Cámara de Comercio da Coruña. Entre outras iniciativas, desenvolveranse contactos con editoras coma a LibrarÃa Ghandi, ou o Fondo de Cultura Económica, ademais doutros editores e distribuidores do paÃs. Os editores presentan o vindeiro venres, dÃa 28, as súas propostas para este encontro no Centro de Cultura española da Capital Azteca. Entre elas, está a presentación do libro Huellas del abuelo fuego. La ruta de los huicholes coeditado por Ellago Ediciones e Edicións do Cumio.