Os editores galegos achéganse á Feira do Libro de Guadalajara

Autores e editores participarán nos actos da Semana Galega da Edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Mesmo sen ser cultura convidada, Galicia estará presente na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, que se celebrará entre o 28 de novembro e o 6 de decembro. Polo de agora, a Asociación Galega de Editores anunciou a celebración da Semana Galega da Edición co apoio do Ministerio de Cultura. Este evento contará coa presenza dos autores Manuel Rivas, Alfredo Conde e Fina Casalderrey, que darán charlas e visitarán centros escolares da cidade. Pola súa banda, os responsables de Kalandraka, Do Cumio e Galaxia participarán nunha mesa redonda con editores mexicanos para analizar os desafíos da edición independente.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Feira do Libro, Fina Casalderrey, Manuel Rivas...