Os editores galegos participan na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña

Agustín Fernández Paz protagoniza a presenza galega no evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un posto común amosa desde onte os traballos dos membros da Asociación Galega de Editores na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Dentro do mesmo, contan con espazos destacados Baía Edicións, Editorial Galaxia e Edicións do Cumio, mentres que Kalandraka, Oqo e Nova Galiza participan no evento con postos propios. Como grande novidade na presenza galega nesta edición do evento, destácase a promoción da que será obxecto Agustín Fernández Paz, que participará canda a outros autores de país nas actividades programadas ata o vindeiro día 26.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Feira do Libro, Boloña, Agustín Fernández Paz...