Unha boa nómina de autores e de ilustradores galegos participan na prestixiosa Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña

Galegos á boloñesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A presenza galega na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña está a bater marcas este ano. Marilar Aleixandre e Agustín Fernández Paz son os autores galegos que participan na representación de dez autores que o Ministerio de Cultura convidou a participar no evento. Tamén as editoriais Xerais e Kalandraka participarán neste evento. Canda a elas, os ilustradores Óscar Villán, Xosé Cobas, Xan López Domínguez e Kiko da Silva completan a nómina galega. Precisamente o último libro de Kiko da Silva “¿Que contan as ovellas para durmir?” foi elixido para figurar na prestixiosa lista White Ravens de libros para rpaaces, que tamén incluíu “O brindo de ouro” de Xesús Marcos.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Boloña, Kiko da Silva, Xan López Domínguez...