Galicia estará presente na Feira Internacional do Libro de Boloña e no III Encontro de Creadores de Barcelona mentres varios autores publican no exterior

Letras de viaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Agustín Fernández Paz e Marilar Aleixandre representarán a Literatura Infantil e Xuvenil galega na feira internacional dedicada a este campo que se celebrará en Boloña o vindeiro mes de abril. Onda eles, obras de ilustradores coma Óscar Villán, Xan López Domínguez ou Kiko da Silva estarán presente no evento. Antes disto, entre a mañá e o venres, artistas de diferentes xéneros participarán no III Encontro de Creadores que organiza a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE). O escritor Alfredo Conde, os músicos Abe Rábade, Rogelio Groba e Teo Cardalda e o dramaturgo Cándido Pazó, entre outros, participarán neste encontro. Mentres, Portugal está a ver nas súas librarías vinte volume da serie de contos “Os Bolechas”, de Pepe Carreiro, mentres en Valencia pódese ler a Fernández Paz, Xosé Miranda e Suso de Toro.

Máis información sobra a Feira de Boloña en La Voz de Galicia; sobre o Encontro de Creadores en Galicia Hoxe; sobre os Bolechas en Portugal en La Voz de Galicia; sobre a edición en Valencia en Vieiros

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito