Cultura presentará a literatura do país nunha caseta na Feira do Libro de Boloña

Camiño a Boloña

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A cita mais importante da literatura infantil e xuvenil de Europa, a Feira do Libro de Boloña, comeza hoxe. Unha cita á que asistirán dezasete editoriais galegas baixo o paraugas da Consellaría de Cultura, que contará cunha caseta propia. A Consellaría asiste á feira cun catálogo cos contactos das editoriais e as súas ultimas novidades. "Children’s Book from Galicia" está publicado en colaboración con Gálix, que seleccionou para esta Feira 94 títulos representativos da nosa literatura infantil e xuvenil, que necesariamente teñen a súa primeira edición en galego. En Boloña tamén estarán presentes autores como María Reimóndez ou Xosé A. Neira Cruz, Miguel Vázquez como representante de GÁLIX e os ilustradores Manel Cráneo e Óscar Villán en nome da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

Máis información no web da Consellaría de Cultura en a nosa hemeroteca sobre a Feira de Boloña

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boloña, Literatura, Feira do Libro, GÁLIX...