Os doce delegados de editoriais galegas que se achegaron á Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña desenvolveron unha intensa actividade comercial neste evento. Manuel Bragado, secretario da Asociación de Editores, destacou que “Galicia estivo máis destacada que outros anos” e fixo un balance positivo da actividade galega. Tamén desde Kalandraka Editora apuntouse a importancia dos contactos e dos acordos comerciais conseguidos durante a feira, considerada a máis importante do mundo no campo da literatura infantil e xuvenil.
Máis información en El Correo Gallego e nos nosos arquivos