As editoras galegas apostan pola Feira do Libro de Boloña

Postos propios complementan a representación da Consellaría de Cultura

29/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña, a máis importante do mundo no seu xénero, comezou onte cunha nutrida representación galega. Dezaseis firmas participan mediante o posto común que cada ano achegan ao evento a Consellaría de Cultura e mais a Asociación Galega de Editores. A este espazo súmase, nesta edición, postos propios de diferentes firmas do país, segundo a propia páxina do evento. Deste xeito, Galaxia, OQO, Nova Galicia e Kalandraka (a través da súa filial andaluza) achegarán ao evento as súas novidades e aproveitarán para negociar dereitos para novas publicacións. No evento presentarase o catálogo Galician Books for Children&Young Adults 2011, editado por Cultura e preparado pola asociación GALIX. Pola súa banda, David Pintor achegará as súas ilustración á exposición colectiva que organiza cada ano a feira.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Boloña, Feira do Libro, Editores...