Como está a ser habitual nos últimos anos, unha delegación do sector editorial galego está a participar na Feira do Libro de Frankfurt. Este evento, considerado o máis importante de carácter comercial dedicado á lectura abre hoxe as súas portas e continúa a súa actividade ata o vindeiro 23 de outubro. Nesta ocasión a delegación galega, artellada en colaboración entre a Xunta e a Asociación Galega de Editores, está composta por Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Ediciones Linteo, Hércules de Ediciones, Arnoia, BaÃa Edicións, Urco Editora, Nova Galicia Edicións, Bolanda Ediciones e de MC Sports. Todas as participantes presentarán os seus traballos no posto da ConsellarÃa de Cultura. A maiores, Kalandraka Editora está presente no evento cun stand propio e o Servizo de Publicacións da Universidade de Compostela amosará o seu traballo no posto da Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE).
No encontro distribuirase tamén o Galician Books for Children & Young Adults 2016, catálogo publicado pola Xunta de Galicia e pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix que amosa a produción do paÃs neste ámbito.