Diversas actividades conmemoran o Día de Rosalía

A Fundación Rosalía acolle esta tarde o acto institucional de homenaxe

As homenaxes sucédense na axenda de hoxe a conmemorar o Día de Rosalía. A coincidir coa data, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, que promove diferentes eventos por todo o país, acaba de publicar un manifesto no que reclama "unha lectura plural e sen ataduras" da autora e apuntan que a autora "se vivise neste século XXI, seguiría a denunciar a todos aqueles que, baixo a máscara da honradez, pretenden converter a lei en atadura". A campaña de graffitis rosalianos e mais a propos da Fundación Rosalía e se facer autorretratos con elementos que lembren a autora son as principais novidades nas celebracións deste ano.

Da man da Fundación Rosalía organizouse unha ofrenda floral á estatua da poeta na Praza de Vigo de Compostela, lugar de nacemento da autora. Ademais, a Casa da Matanza, en Padrón, acollerá ás 19 horas o acto de presentación do libro-cd De Cantares Hoxe cun recital poético, actuacións musicais e a realización dun programa especial do Diario Cultural da Radio Galega.