Comezan a se presentar as actividades para o Día de Rosalía

Homenaxes, vídeos e actos participativos chaman a celebrar o 24 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Mesmo logo de ter desaparecido do Calendario do Libro e da Lectura da Consellaría de Cultura, a conmemoración do Día de Rosalía continúa a promover eventos. Así, a convocatoria da Asociación de Escritores en Lingua Galega para celebrar a poeta con graffitis colleitou adhesións das principais cidades do país. Tamén da man desta mesma entidade, en colaboración coa Deputación da Coruña, chega á rede Todas con Rosalía, a segunda parte dun vídeo publicado o ano pasado no que mulleres de diferentes ámbitos len poemas da autora. Na Fundación Rosalía animan coa iniciativa #euRosalía, na que anima a xente a colgar nas redes sociais autorretratos con libros, imaxes ou elementos relacionados con Rosalía como xeito de levar a celebración a Internet.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día de Rosalía, Escritores, Internet, Mulleres...