O vindeiro 5 de novembro a Sección de Literatura Dramática da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebra a súa primeira xornada. O Quisco Afonso, na Coruña, albergará os actos dun evento que se convoca co lema Literatura Dramática e Teatro Nacional e no que participarán tanto os membros da asociación como outros creadores interesados no xénero teatral e que estará aberto ao público. A mañá estará dedicada ao encontro entre literatos, nun debate sobre "A Literatura Dramática galega na actualidade". Pola tarde, Xavier AlbertÃ, director artÃstico do Teatre Nacional de Catalunya (TNC) impartirá unha clase maxistral sobre O proxecto artÃstico dun Teatro Nacional nunha nación sen estado e o papel da Literatura Dramática nese proxecto. Esta primeira xornada celébrase seis meses despois da presentación pública de DramaturGA, a asociación galega de autores de dramaturxia. O coordinador do encontro, Alfonso Becerra de Becerreá, fai tamén parte deste colectivo.