
O festival presenta pezas que están en proceso de creación e que buscan abrir e compartir ese proceso con outras persoas, cun público, e con especialistas en artes escénicas. Ao mesmo tempo, tamén se procura tender pontes, dentro do Eixo Atlántico peninsular, coa veciña Portugal. Nesta oitava edición do festival Pezas dun teatro do Porvir preséntanse sete proxectos (4 galegos e 3 portugueses), que serán mostrados e compartidos en público. Desa selección, logo das presentacións, a comisión organizadora da AELG, Xosé Paulo RodrÃguez, director do Teatro RosalÃa de Castro da Coruña, Célia Guido Mendes, en representación do CCP en Vigo do Instituto Camões, contando co voto emitido polos propios participantes, premiarán un proxecto coa posibilidade da súa estrea. Dentro do programa inclúese unha Masterclass sobre un tema relevante, que neste 2025 vai ser 'Dramaturxias que urxen' e que estará impartida por Fefa Noia (subdirectora do Centro Dramático Nacional e ex-directora do Centro Dramático Galego).