O Festival de Artes Escénicas de Riós homenaxea a Morris

O programa integra audiovisual, música e teatro os vindeiros 13 e 14 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Festival de Artes Escénicas de Riós homenaxea a Morris

Os vindeiros 13 e 14 de agosto Riós acolle a VII edición do seu Festival de Artes Escénicas. O actor Antonio Durán Morris será o homenaxeado nesta xeira coa Castaña de Cristal, mentres que Carlos Sobera e Carmen Avendaño serán recoñecidos dándolles os seus nomes a senllos castiñeiros. Canda a isto, o programa inclúe unha intensa axenda na que non faltan propostas audiovisuais como a proxección do trailer de A Esmorga ou a preestrea da nova temporada da webserie Clases do social, así como a sección de cinema de integración social.

No apartado musical, o Colectivo Rebulir de Ramirás e a Coral Cantarela animarán a verbena tradicional, mentres Lucía Pérez e Óscar Ibáñez presentarán os seus último traballos e Lys Pardo ofertará un tributo ao seu pai, Juan Pardo, interpretando unha selección dos seus temas. A VII Gala das Artes Escénicas contará, pola súa banda, con Pedro Brandariz, Fran Rei e Carlos Blanco.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Morris, Teatro, Antonio Durán...