Fracasados por el Mundo imponse no Carballo Interplay

As galegas Fame e Clases de lo social levaron cadanseu galardón

20/4/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces
O xurado do Carballo Interplay, o festival de contidos dixitais que se celebrou esta fin de semana, acordou premiar Fracasados por el Mundo como mellor webserie de imaxe real e outorgar unha mención especial a La caída de Apolo, que tamén viu premiada a súa protagonista, Carla Pueyo, como mellor actriz. Comaland no apartado da animación, Future Duck na categoría internacional e Oriol Vila no premio ao mellor actor, foron tamén recoñecidos. A nivel galego, Fame fíxose co galardón a mellor webserie V.O. Galicia mentres o público escolleu Clases de lo social como a súa predilecta.
MELLOR WEBSERIE PREMIO DO PÚBLICO “Clases de lo social”

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Lugares