A webserie "A arte de ser (mal) pai", dirixida por Jorge Boquete para Miraveo e que recolle os tres últimos dÃas que pasa un home coa súa filla de 10 anos antes de separarse para sempre, resultou a elixida polo público do Carballo Interplay e tamén recibiu o recoñecemento do xurado que a distinguiu como mellor serie en galego, de xeito ex-aequo con Pringadas, webserIe que tamén foi finalista nos Premios Mestre Mateo. No palmarés desta xa finalizada décima edición do festival de contidos dixitais de Carballo destaca con forza tamén a produción australiana "It's fine, I'm fine", que segue o percorrido dunha psicóloga australiana de provincias mentres axuda aos seus pacientes para explorar o caos, o humor, a melancolÃa e a maxia inesperada da vida. Esta comedia recibiu o premio a mellor webserie do festival e o de mellor guión, decidido polo xurado.
Ademais destas producións tamén a brasileira ' Fake Live' sobre identidade e redes sociais de Fernanda Paes Leme acadou un dos recoñecementos importantes, o de mellor dirección. O palmarés complétase coa selección por parte do Xurado Novo da serie belga "Frangine$", que conta a historia de dúas irmás que deciden reencontrarse tras anos separadas para secuestrar ao seu pai e facerse cos seus cartos. Ns selección da mellor webserie galega en proxecto, o xurado apostou pola realización de "A moza que abortou e o contou", de Eire Cid, RosalÃa Quiroga e Cora, que levaron os 3.000 euros do premio para producir os tres primeiros episodios do proxecto que toma a forma de falso documental para abordar un drama. Ademais dstas, a serie checa TBH recibiu unha mención de honor. A gala de peche serviu para a entrega destes galardóns