Carballo Interplay crea un premio para proxectos de webseries

A terceira edición do festival celebrarase entre o 5 e o 7 de maio

25/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Fomentar a creación dixital innovadora, en lingua galega e para o mundo son os obxectivos cos que Sonia Méndez, directora do festival de webseries Carballo Interplay, presentaba esta mañá o novo galardón que se entregará no transcurso deste evento. O premio, dotado con 1.500 euros, recoñecerá o mellor proxecto de webserie na nosa lingua, e deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da iniciativa galardoada. Canda a este, o festival mantén os premios á mellor webserie de imaxe real, mellor webserie de animación, mellor webserie internacional e mellor webserie en versión orixinal en galego, dotados con cadanseus 800 euros e trofeo, o galardón do público, dotado con 400 euros, e os trofeos para a mellor actriz, o mellor actor e un premio AGAG ao mellor guión.

Méndez presentaba esta mañá co alcalde de Carballo a terceira edición do festival, que se celebrará entre o 5 e o 7 de maio. En paralelo ao evento, a partir do doce de marzo desenvolverase unha nova xeira do FormaCIP, o ciclo formativo que inclúe nesta nova edición contidos para cativos e cativas. Entre os temas que se abordarán están as novas narrativas, o marketing dixital, as novas tecnoloxías, a produción e financiación audiovisual, a dirección de actores, robótica, Lego Mindstorms, Arduino, paleta gráfica codeco ou emoticonos analóxicos.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Carballo Interplay, Sonia Méndez, Lingua galega...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares