Trinta e seis webseries competirán no III Carballo Interplay

Nove propostas galegas fan parte do programa que se desenvolverá entre o 5 e o 7 de maio

20/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Unha selección de trinta e cinco webseries, de entre as 122 que se presentaron ao concurso poderá verse na terceira edición do Carballo Interplay. O Festival de Contidos Dixitais celebrarase entre os vindeiros 5 e 7 de maio e contará con 9 webseries galegas, 15 do resto do Estado e 12 do resto do mundo na súa selección. De todas elas, 30 competirán polo premio á mellor webserie de imaxe real, 6 á de animación, 12 polo premio á mellor webserie internacional e 7 á de versión orixinal en galego. A organización sinala un importante predominio da comedia nas producións seleccionadas, xa que 28 das 36 corresponden a este xénero.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Os proxectos galegos que se poderán ver no certame son PIB (Produto Interior Bruto), Gafas e Pallaso, Dalle Jas, Chola&Lola, Veciños, Poetarras, Teño unha horta en San Sadurniño, Orfanato Atroz e El método sueco, estas dúas últimas en castelán.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Interplay, Carballo, Animación, Comedia...