
Segundo destacou Sonia Méndez, directora do evento, Arxentina é o paÃs convidado da nova xeira, coa presenza das humoristas Malena Pichot e Charo López e unha xornada profesional á que asistirán representantes de cadeas e plataformas do paÃs canda ao director do Buenos Aires Webfest.
No ámbito galego, unha nova edición do Campamento Kamikaze contribuirá ao desenvolvemento de proxectos galegos de webseries. Ademais, no Premio a proxectos de webserie en galego competirán a comedia Válgame Deus! dirixida por Rubén RodrÃguez e protagonizada por David Perdomo; a serie futurista Amnesia de Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin; A mafia da verdade, de Cristina Moreira e mais Xan, de LucÃa Estévez e Miguel Canalejo.
Finalistas do VI Carballo Interplay
Versión orixinal en galego: Antolepsia, A Partida, As cores da lus do mundo, As Cousas Do Choio, Cativos na cociña, Mondo Nando e Rural Horror Storis.
Españolas: A Todo Riesgo 2, Boca Norte, Chichinabo, Gente hablando, La cabra volvió al monte, Mambo 2, Más de 100 mentiras, Neverfilms 2, Nosaltres e Puntu Koma.
Internacionais: AFK: This World and the Next, Blocked, Blurred and in the Dark, Bidune Kaid (Undocumented), Blackout, В постели (In bed), Cronache di un sequestro, Der Mann für die Sünde (The man for your sins), Drive, Ecrivain Public (Public Writer), Gorda, In absentia, Sleeping Beauty and the Man in the Red Suit, Som do amor 2, Subject: Dad, Tales From Pussy Willow, Tarde Baby e The Green Challenge.