O festival de Carballo Interplay, que se celebra entre os vindeiros 4 e 7 de abril, acaba de presentar a súa sección competitiva, que reúne un total de 42 webseries de todo o mundo. O xurado seleccionou entras as 250 propostas presentadas ao evento 3 producións galegas e en galego, 12 do resto do estado e 27 do resto do mundo. Arxentina, Australia, Canadá, Chile, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, LÃbano, México, Nova Zelanda, Reino Unido, SuÃza e Uruguai son paÃses que estarán presentes no festival, nun programa no que predomina a comedia, xénero de 22 das 42 series seleccionadas.
O xurado do festival estará composto polo guionista e realizador Carlo Padial, a crÃtica Desirée de Fez, o xornalista Iago Fernández, a actriz MarÃa Tasende, o guionista Oscar Cruz e a directora Anxos Fazáns. Pola súa banda o público outorgará cos seus votos un premio de 400 euros e, por vez primeira, un xurado composto pola youtubeira Nuria EspasandÃn, o músico Cristian Andrade, a ilustradora Laura Tova e o picadiscos Maikel Pérez seleccionarán un galardón coa mesma dotación.
Tamén o Play-Doc de Tui presentaba esta semana a súa sección competitiva. Desta volta serán cinco os documentais que se enfronten no festival que se celebra entre o 26 de abril e 1 de maio vindeiros. The Waldheim Waltz, de Ruth Beckermann, galardoado co premio ao mellor documental en BerlÃn, Going South de Dominic Gagnon, Lamaland de Pablo Sigg, Terra Franca de Leonor Teles e Less Unwanted de Europa de Fabrizio Ferraro. O xurado desta xeira estará formado polo crÃtico e programador Roger Koza, a directora de programación da Cinemateca Francesa, Caroline Maleville, e unha das responsables de MUBI, cinemateca global en liña, Chiara Marañón.