Un total de 16 webseries, catro galegas, catro estatais e catro do resto do mundo, competirán na novena edición do Carballo Interplay. O Festival de Contidos Dixitais abre as súas portas entre o seis e o nove de abril para achegar as últimas propostas creativas nas redes e a prestar unha especial atención ao formato podcast.
En total, o certame repartirá 5.800 euros en premios, a incluÃr o galardón do mellor proxecto de webserie, dotado con 3.000. A sección oficial repártese desta xeira nas seccións Outra historia centrada en contidos de carácter histórico, Movidas humanas sobre relacións, retos e problemáticas persoais, e mais Mix de trasnadas, que reúne as propostas máis iconoclastas e estrañas da edición.
A promover, como é habitual, o talento do paÃs, o programa contará coa presenza das persoas responsables do podcast Café Derby 21, a divulgadora Tamara Pazos, a youtuber e tiktoker Prado Rúa, a xornalista Esther Estévez, o youtuber Olaxonmario ou o músico Berto, que desenvolverán encontros co público no dÃa 7. Na xornada a seguir poderán verse os primeiros tres episodios de Pringadas, de Belén Puime, webserie gañadora do galardón ao mellor proxecto da última edición. Tamén haberá unha celebración dos dez anos de Angélica y Roberta, proxecto pioneiro no campo das webseries galegas, da que se emitirá un capÃtulo conmemorativo.
O podcast adquire un especial protagonismo nesta xeira, a protagonizar as actividades da zona Pro, onde as persoas inscritas poderán contactar con diferentes profesionais do sector e participar das presentacións que desenvolverán Jesús Blanquiño, xefe de proxectos de Podium Podcast, Marta Salicrú, directora de Radio Primavera Sound, e Tania Fernández Lombao, xefa do Servizo de Xestión Operativa de Programas de Radio Galega.
Tamén se desenvolverán obradoiros sobre ficción sonora a cargo de ficción sonora con Ana Garriga e Carmen Urbita, productoras do podcast Las hijas de Felipe; Manuel Bartual, director, escritor e guionista detrás dos podcast BiotopÃa e Santuario, e Carmen Pacheco, creadora e guionista tamén de Santuario. As actividades inclúen tamén o encontro CREA feat Podgalego sobre esta disciplina en Galicia.
O programa inclúe tamén a mesa Activismo, divulgación e feminismo(s) na rede con Nerea Pérez de las Heras, Eugenia Tenenbaum e Ana Polo, o Código Fonte Audiovisual a cargo de Elizabeth Duval, ou o espectáculo de humor Rajando con... a cargo de Ana Polo e Asaari Bibang.