Carballo celebra unha nova xeira de Derrubando muros con pintura

O encontro de cultura urbana achegará catro novos murais, concertos e actividades formativas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Carballo celebra unha nova xeira de Derrubando muros con pintura

A coincidir no tempo co festival homólogo de Ordes, Carballo acolle a partir deste 12 de agosto unha nova xeira de Derrubando muros con pintura. O festival de cultura urbana achega nesta edición catro novos murais á vila, que realizarán Isa Bermúdez, Nere Rama Bailando na lúa, Nazaret e
Tucho.

Ata o vindeiro 22 de agosto, ademais de comprobar como collen forma estas obras nas medianeiras da vila, o programa achega ademais outras actividades. Un encontro cos creadores participantes, un recital poético con Rosalía Fernández Rial, concertos con Mr. Kilombo e Pauliña, obradoiros de pintura e de rotulación e unha visita guiada para coñecer os novos murais fan parte do programa.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cando os muros se fan murais

Cando os muros se fan murais

As artistas Roberta Venanzi e Paula Fraile elaboran grandes murais para embelecer a trama urbana de Carballo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muros, Carballo, Ordes, Rosalía Fernández Rial...