Carballo, como moitas vilas galegas, sufriu un intenso proceso urbanÃstico desde os 60 ata os 90 que outorgou á súa trama urbana demasiado gris e pouca cor. Unha nova iniciativa do concello busca reconverter a trama urbana a través da elaboración de grandes murais artÃsticos, seguindo un proceso tamén levado a cabo noutras vilas coa mesma situación, como Ordes.
O proxecto, promovido desde a ConcellarÃa de Promoción Económica que dirixe Xosé Regueira, parte da elaboración de tres murais de grandes dimensións que se completarán, no futuro, con outros sete. Estes tres primeiros son obra das artistas Roberta Venanzi e Paula Fraile, que xa teñen elaborado proxectos similares en diferentes cidades do mundo. A iniciativa busca dinamizar finalmente o pequeno comercio e a hostelarÃa da vila, concebindo os murais como recursos turÃsticos urbanos.
O obxectivo, segundo o concello, é "darlle vida e color á vila, transformando espazos como as medianeiras ou edificios que padecen as consecuencias dunha mala planificación urbanÃstica en lugares máis alegres e agradables para a veciñanza". O caos urbanÃstico de décadas pasadas convÃrtese, paradoxalmente, nunha inmensa superficie para a representación artÃstica. O proxecto está dentro da iniciativa "Quedamos en Carballo", na que a través de diversas accións, o concello está a procurar dar referencia a Carballo como espazo turÃstico.
Ademais de na contorna da rúa Sol, outros puntos da capital municipal onde está previsto actuar son as paredes da Ludoteca Municipal, ou o primeiro treito da rúa Gran VÃa, entre outros, tentando abarcar non só espazos públicos, senón tamén espazos privados negociando as correspondentes cesións cos propietarios.
As artistas Roberta Venanzi (Roma) e Paula Fraile (Guadalaxara) teñen experiencia en traballar en grandes dimensións e na pintura mural de exteriores. Malia non ser galegas, semellan estar a aproveitar as peculiaridades do paÃs na pintura, como manifestaron nesta entrevista ao web de Turismo de Carballo: "esta vila é moi pos-moderna, con ese punto industrial e con esas casas antigas mesturadas con outras moi novas. É unha paisaxe moi pos-moderna e préstase moito á intervención, ao mural. Aquà hai algo moi bonito, que non temos en Castela nin en Roma: as humidades. O feito de que chova moito fai a vila máis escura, como nas cidades do norte de Europa, e hai un gris especial. Iso pódese aproveitar moi ben, deixando esas zonas de humidade, que son froito da intervención da chuvia nese muro, e intervindo nós o resto da parede."
Nos vindeiros meses, o proxecto incorporará a outros artistas para completar a malla de dez murais que aproveitarán as desfeitas urbanÃsticas para darlle cor a unha vila.