O Rexenera Fest celebra a súa X edición a encher Carballo de pintura

Cinco artistas de Galicia, Portugal, Suíza, Cataluña e Euskadi realizarán os murais desta xeira entre o 30 de maio e o 9 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Rexenera Fest celebra a súa X edición a encher Carballo de pintura

O festival de arte urbana Rexenera Fest abre este 30 de maio en Carballo a súa décima edición. O galego Sr X, residente en Londres, a portuguesa Tamara Alves, Stom500 desde Suíza, a catalá Amaia Arrazola e o vasco Pablo Astrain son os cinco nomes que realizarán cadanseu mural no seo desta iniciativa ata o vindeiro día 9.

Canda a isto, o programa inclúe un obradoiro de introdución á serigrafía a cargo de Taller Trueno e outro de estampación de guerrilla que imparte Hanqo. Ademais, realizaranse rutas guiadas polos murais realizados en edicións anteriores e a organización achega unha xogo de pistas para familias arredor desas mesmas obras. Finalemente, ofertarase unha sesión vermú o día 9 de xuño a cargo de Minifundistas.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Suíza, Portugal, Euskadi...