O Rexenera Fest enche de novo Carballo de arte urbana

Case Maclaim, Hyuro, No3l, Natalia Rak e Isaac Mahow son os creadores convidados nesta edición

26/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Por segundo ano, as rúas de Carballo converteranse nun foco de creación artística. O Rexenera Fest volta á vila do 30 de maio ao 5 de xuño para amosar as posibilidades da arte na recuperación da paisaxe urbana. Nesta ocasión o evento conta con Case Maclaim (Alemaña), Hyuro (Arxentina), No3l (Galiza), Natalia Rak (Polonia) e Isaac Mahow (España) como convidados. Ademais de realizar cadanseu mural xigante, no programa inclúense clases maxistrais como a impartirá Sekone sobre o realismo no graffiti ou a de Cestola na Cachola, que abordará a introdución ao muralismo. Unha mesa redonda reunirá diferentes iniciativas arredor do grafiti coa participación de Lara Seixo, Derrubando Muros con Pintura, DesOrdes Creativas e o Festival Asalto. Familia Caamagno e Fluzo correrán coa parte musical do programa.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Arte urbana, Paisaxe, Familia Caamagno...