O XIV DesOrdes Creativas incorpora murais de cinco artistas

Canda aos galegos Sekone e Sokram participan no encontro Ana Lanhegeldt, Aec Interesni Kazki e Milu Correch

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O XIV DesOrdes Creativas incorpora murais de cinco artistas

Desde o pasado 9 de agosto e ata o vindeiro día 15, a vila de Ordes acolle a XIV edición do festival DesOrdes Creativas. O encontro de arte urbana conta desta volta coa participación dos artistas galegos Sekone e Sokram aos que se suman os nomes internacionais da sevillana Ana Lanhegeldt, o ucraíno Aec Interesni Kazki e a arxentina Milu Correch.

A cita prescindiu nesta xeira das actividades paralelas habituais como concertos, conferencias, obradoiros e clases maxistrais por mor da pandemia de Covid-19. Mantense no entanto a visita guiada por parte dos 80 murais xa presentes na vila para o sábado 14. Ademais, o web do festival transmite vía streaming o proceso de elaboración das cinco novas obras desta edición.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A vila da arte urbana

A vila da arte urbana

Creadores galegos e internacionais danse cita anualmente en DesOrdes Creativas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ordes, Arte urbana, Arxentina, Covid

Claves

Conceptos
Lugares