Sokram debuta en solitario con Chuvia ácida

A Sala Capitol acolle a estrea deste traballo o vindeiro 16 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Sokram debuta en solitario con Chuvia ácida

Quince temas de hip-hop en galego que van do reivindicativo ao lírico é a aposta coa que Sokram, coñecido polo seu traballo en Dios Ke Te Crew debuta en solitario. Chuvia ácida preséntase nunha ambiciosa edición que inclúe vinilo, CD, descarga dixital e mais un fanzine realizado polo propio músico. A nivel sonoro, Sokram aborda unha visión ampla do hip-hop con ecos que van do electro ao funky e conta con colaboracións como as de L.A.R. Legido, Hevi, Alba Suárez ou Paco Cerdeira. A Sala Capitol acolle o vindeiro 16 de xaneiro o comezo da xira de presentación do volume.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Concertos conmemorativos

Dios Ke Te Crew celebra dez anos e Dhais lembra dous compoñentes con actuacións ao vivo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Capitol, Hip-Hop

Claves

Entidades
Conceptos