Carapaus retornan con Déixao andar...

A Sala Capitol de Santiago de Compostela acolle a presentación do traballo o día 16

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Carapaus retornan con Déixao andar...

Trece temas nos que se mesturan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, con composicións de Emilio Lois e letras de Sabela Galbán, Gustavo Couto e Sés, que achega texto e música no Canto de Baltasar. Esta é a proposta do segundo disco dos Carapaus, que se presenta ao vivo o vindeiro 16 de maio na Sala Capitol ás 21:30.

O álbum, gravado entre xaneiro e febreiro deste ano no estudio A Ponte, conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira e do gaiteiro Luis O Caruncho que complementan a sonoridade da gaita solista da banda compostelá nada en 2010.


Vídeo sobre as colaboracións de Déixao andar...

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carapaus, Sala Capitol, Santiago de Compostela, Sés...

Claves

Protagonistas