Carballo aposta pola arte urbana no Rexenera Fest

Cinco artistas internacionais achegan o seu traballo aos muros da vila

4/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Mural de Bordalo no Rexenera Fest

Desde o pasado día 1 e ata o vindeiro 7 de xuño, cinco muralistas de recoñecido prestixio internacional están a levar as súas creacións a Carballo. A vila celebra así o seu I Rexenera Fest, un proxecto dedicado á arte pública que conta nesta xeira con traballos de Aryz, Bordalo II, Dulk, Nömada e Pixel Pancho. As pinturas aplicadas en muros e medianeiras da vila pretenden achegar a arte ao público, na liña de experiencias anteriores como Derrubando muros con pintura, tamén en Carballo, ou o DesOrdes Creativas, que se desenvolve desde hai anos en Ordes.

Ademais das artes plásticas, tamén haberá espazo para a música, cun concerto duplo o vindeiro 6 de xuño, cando a sala Dublín acollerá Xenderal & Check Selectah e mais A Magnifique Bande dos Homes sen Medo.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Muros, Ordes, Arte urbana...

Claves

Conceptos