As axudas a festivais de de arte pública urbana na modalidade de pintura mural que convocou a Deputación da Coruña o pasado mes de decembro repartiron unicamente 75.291 euros, a metade do seu orzamento. O BOP da Coruña deste 10 de xaneiro publicaba a resolución desta convocatoria, dotada con 150.000 euros. O Rexenera Fest de Carballo, con 33.205 euros, é a cita máis beneficiada no reparto, seguida do Cromático Mural Fest de Cambre, que o levou 22.241. O Derrubando Muros con Pintura de Ordes, pola súa banda, obtivo 24.805.
Ficaron fóra da resolución as solicitudes da Semana de Cultura Urbana para Tod@s de Vimianzo e mais o Plan de Embelecemento Urbano de Oleiros, por incumprir puntos das bases. As convocatoria establecÃa un máximo de 35.000 euros de apoio provincial a cada unha das solicitudes para este tipo de eventos, que debÃan contar con dúas edicións de antigüidade ou máis e desenvolver un mÃnimo de tres obras exteriores orixinais en grande formato na xeira para a que solicitaban a axuda.