A Deputación da Coruña convoca unha liña de apoio a festivais de arte urbana

Concellos da provincia repartirán 150.000 euros nesta convocatoria

2/12/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: artepolíticas culturais
30 lecturas | Compartido 0 veces

Proceso dun mural de Lidia Cao no Rexenera Fest. Fotografía de A.L. Crego. Rexenera Fest.

Ata o vindeiro 11 de decembro os concellos da provincia da Coruña poden solicitar as axudas para a organización de festivais arte urbana que acaba de convocar a Deputación Provincial. O Boletín Oficial da Provincia deste 30 de novembro recolle esta liña, que apoia a realización de "festivais de arte pública urbana na modalidade de pintura mural" e que poderán solicitar concellos que xa desenvolvan proxectos deste tipo, cun mínimo de dúas edicións consecutivas e que vaian incorporar un mínimo de tres obras exteriores de gran formato na nova xeira. As axudas para cada concello teñen un máximo de 35.000 euros e a convocatoria distribuirá 150.000 euros entre as entidades solicitantes.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arte urbana, Deputación da Coruña, Deputación Provincial