O IV Delas Fest achega a arte urbana á bisbarra de Compostela

O festival feminista desenvolverá intervencións e obradoiros en Brión, Teo, Ames e Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O IV Delas Fest achega a arte urbana á bisbarra de Compostela

Este seis de xuño abre as súas portas a cuarta xeira do Delas Fest. O Festival feminista de arte urbana e contextual inicia a súa actividade coa creación dun mural por parte da portuguesa Mariana Santos no barrio de San Lázaro da capital galega. A esta proposta seguiralle un obradoiro de perfeccionamento sobre estilo realista con spray da man de Tamara Baz o vindeiro 11 de xuño.

O programa inclúe tamén actividades en Ames, cun mural de Ceciro e un obradoiro de Iniciación ao spray. En Teo, Udatxo encargarase da intervención artística e Fitz Licuado do obradoiro sobre realismo na pintura mural, mentres en Brión será a galega Nana quen realice unha acción artística. As actividades desta iniciativa que coordina a cooperativa 7H prolongaranse ata o 21 de xuño vindeiro.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arte urbana, Obradoiro, Brión, Teo...