
Segundo explica a cooperativa 7h, organizadora do evento que se proclama como "primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa", "tiveron que pasar seis anos para darse conta de que o Delas Fest é moito máis que un festival, pois as intervencións murais sempre veñen acompañadas de actividades que lles dan sentido tanto ás pinturas, como ás reivindicacións de xénero e sociais que se queren amosar a través delas".
Os murais realÃzanse en fachadas propostas pola propia veciñanza mediante un proceso participativo. Ademais, en cada un dos lugares desenvolveuse tamén o programa Anfitriónate!, polo que se desenvolveron diálogos de cada unha das comunidades coas artistas implicadas, o que permite "facerlles chegar as súas vivencias, os coñecementos ao redor do territorio que habitan, as narracións que as envolvenÂ…". Estas achegas contribúen a configurar o traballo que finalmente se plasmará en cada espazo.
A produtora Illa Bufarda será a encargada de facer o rexistro audiovisual da actividade do festival, que conta cun cartel asinado por Abi Castillo. Para alén dos concellos de Santiago e Brión, o programa conta co apoio da Deputación da Coruña e oo patrocinio de Montana Colors, Ibersa-El Mundo del Pintor, Alro Maquinaria e Gadis, asà como á colaboración de Cafés Candelas e Daveiga-Galletas Mariñeiras.