O que se reivindica como "primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa", o Delas Fest, abrÃa este 28 de xuño a súa terceira xeira. Os concellos de Brión, Teo, Ames e Santiago comparten un programa que combina catro intervencións artÃsticas a cargo de Susana Blasco, que realizará unha instalación fotográfica de gran formato na fachada do instituto de Brión, Marina Capdevila, quen desenvolverá unha obra con pintura plástica no Auditorio Constante Liste de Teo, a galega Doa Oa, quen pintará un mural en Ames e a artista visual Lily Brick que fará a súa intervención en spray no barrio de Pontepedriña, en Santiago de Compostela.
O programa inclúe ademais catro obradoiros de creación como de perfeccionamento da técnica de spray a cargo da viguesa Silvia RodrÃguez Pena "Sax", un de introdución a este formato e outro sobre muralismo que desenvolverá a Cooperativa 7H e un último a cargo de Iria Prol centrado tamén na pintura moral. Ademais, segundo a organización, desenvolveranse tamén "encontros de convivencia entre colectivos, asociacións, veciñanza e artistas".