A comarca de Santiago acollerá o primeiro festival feminista de arte urbana e contextual de Europa. Delas Fest, organizado por 7H Cooperativa Cultural, desenvolverase entre o 9 e o 15 de decembro en distintos espazos da comarca coa participación de sete creadoras feministas que, desde diferentes disciplinas, sensibilidades e enfoques empregan o espazo público como soporte de expresión e ámbito de intervención polÃtica. Delas Fest procura construÃr un espazo de encontro no que analizar as desigualdades presentes no sector e fomentar redes que faciliten unha igualdade efectiva a través dun programa de actividades repartidas entre Ames, Teo e Compostela. Nestes concellos, as artistas traballarán en colaboración directa con distintas asociacións e colectivos, encargados de achegar ás participantes á historia e idiosincrasia de cada espazo a intervir co obxectivo de que o resultado final non resulte alleo nin á poboación nin ao contexto dos distintos territorios. A iniciativa aspira en converterse nun referente internacional que sitúe a Galiza na vangarda da arte urbana diversa e con perspectiva de xénero a través dun programa de actividades que combina intervencións artÃsticas, obradoiros de creación e faladoiros con profesionais do sector.
O programa de actividades do festival, comisariado pola historiadora da arte e especialista en xénero e creación contemporánea Clara RodrÃguez Cordeiro (Ourense, 1983), está integrado por tres intervencións artÃsticas, que desenvolverán a multifacética Btoy (Barcelona, 1977), artista contextual que utiliza desde carteis e estarcidos a colaxe e pintura plástica en obras principalmente protagonizadas por mulleres; a fotógrafa e socia fundadora do Colectivo 4F Lorena Cosba (Huesca, 1979), interesada na fotografÃa experimental e na reutilización e intervención de obxecto encontrado a través de instalacións; e o Dúo Amazonas, conformado polas artistas e activistas visuais Natalia Andreoli (Bos Aires, 1992) e Lina Castellanos (Bogotá, 1990) quen entenden o muralismo coma un exercicio de autoreflexión, diálogo e intercambio co territorio e as súas habitantes. Ademais haberá dous obradoiros de creación. Un deles, de carácter especializado, destinarase a mulleres artistas doutros ámbitos creativos -coma a ilustración ou as artes plásticas- e será impartido por a grafiteira e activista animalista Vegan Bunnies (Perú-Catalunya), integrante do colectivo The Hate Lovers, que loita polo empoderamento da muller no sector; quen realizará unha aproximación á arte de guerrilla como ferramenta que democratiza a expresión e intervención no espazo público. O segundo taller, dirixido á mocidade da comarca interesada en iniciarse na arte urbana, desenvolverase baixo a dirección de 7H Cooperativa Cultural co obxectivo de facilitar referentes, ferramentas e técnicas creativas ás mulleres máis novas. Xunto a elas, tamén participarán en varios espazos destinados ao diálogo e o intercambio de experiencias do Delas Fest a curadora, produtora de eventos de arte urbana portuguesa e fundadora do proxecto LATA 65 Lara Seixo (Covilhã, 1971), a multidisciplinar e irreverente artista viguesa Lupita Hard (Caracas, 1993), e a ilustradora e muralista coruñesa Iria Fafián (Sitges, 1988), quen achegarán a súa experiencia sobre a presenza das mulleres na arte urbana.