O que se atopou en Valdamio, sinala o arqueólogo Ángel Concheiro, obriga a revisar o que sabemos da nosa Idade do Ferro. A mil metros de altura, e ao redor dunha tumba prehistórica, o arqueólogo escavou nos anos 90 unha aldea castrexa estacional e sen defensas que revoluciona a nosa visión do hábitat no tempo dos castros. Quince anos despois, Concheiro presentou onte os resultados da escavación no curso Castros de Interior: a Idade do Ferro do NO peninsular a través do exemplo limiao, que organiza a Universidade de Vigo en Xinzo de Limia e que se celebra durante toda esta semana.
No mundiño arqueolóxico galego, a escavación do arqueólogo Ángel Concheiro en Valdamio (Riós, Ourense) autor do estudo sobre a situación do Castro de Baroña feito público recentemente- era un ruxe ruxe constante. No ano 1996, dentro das medidas correctoras pola construción da autoestrada das Rías Baixas, Concheiro e o seu equipo escavaron un sitio arqueolóxico totalmente atípico. Para min foi un crebacabezas durante moitos anos porque non existían paralelos para el. Levo 22 anos nisto da arqueoloxía e nunca me atopara un expediente X deste tipo, asegura graficamente Concheiro. Que é o que tiña de especial?
Tiña unha clara cronoloxía da Idade do Ferro, castrexa, do século III a.C., pero non se parecía para nada a un castro, sinala Concheiro. Non tiña defensas de ningún tipo, por exemplo. Valdamio atopábase nunha situación excepcional, con grandes vistas sobre o entorno, a máis de mil metros de altura. A ausencia de defensas foi o primeiro punto excepcional: ata ese momento, todos os asentamentos humanos da época da Idade do Ferro estaban concentrados nos castros, acrópoles defensivas que articulan a paisaxe galega durante os séculos anteriores á chegada dos romanos. Hai miles. Pero, podía haber cultura castrexa sen castros? Posteriormente á escavación outro arqueólogo, Alfredo González Ruibal, escavou no concello de A Lama (Pontevedra), outro hábitat aberto tamén de época castrexa, Pena Redonda. Aínda pendente dunha escavación máis ampla, Ruibal realizaría unha interpretación de aquela aldea como unha sorte de santuario ou espazo ritual cunha ocupación dilatadísima no tempo, que se remonta ao século IX a.C. ata os momentos máis clásicos da cultura castrexa no século II d.C.
Perfumarios de Corinto na montaña ourensana
E aquí hai tamén unha coincidencia co sitio arqueolóxico de Valdamio que escavou Tito Concheiro. O arqueólogo localizou en Riós gabias, buratos de poste, foxas e cando menos dúas cabanas feitas con material perecedeiro. Creo que era un lugar estacional, para pasar unha pequena tempada, no final do verán, sinala Tito. Pero para ser un lugar estacional tiña dous elementos especialmente estraños.
O primeiro, a enorme colección de cerámica castrexa atopada no lugar, máis de 4.000 fragmentos que permiten situar cronoloxicamente de xeito moi preciso a actividade do lugar cara o século III a.C. Entre eses elementos destaca a presenza de materiais de importación. Luxosas cerámicas do Mediterráneo Oriental, como un perfumario de orixe grega, probablemente da área de Corinto, que segundo Concheiro é anterior, do século V ou IV a.C., a outras pezas similares xa clásicas da arqueoloxía galega, coma o aryballos do castro de Neixón. Isto é importantísimo, sinala Concheiro, porque abre unha nova visión do tráfico comercial na Idade do Ferro. Ata o momento, este tipo de materiais se atopaban especificamente na costa galega, en sitios arqueolóxicos como Neixón, no que apareceu un perfumario púnico mesmo posterior, segundo Concheiro, a este de Valdamio. Aquí temos que pensar en máis vías comerciais, asegura o arqueólogo, ben a través do Douro e do val do Támega, xa que sabemos que na súa desembocadura se atoparon pezas similares, ben a través da Vía da Prata, o cal indicaría que esta xente ten contactos cos pobos vetóns de Estremadura ou Castela e León.
Ao redor dunha tumba
O segundo elemento excepcional deste lugar é a distribución do sitio arqueolóxico. As cabanas e o resto de elementos estaban dispostos ao redor dunha foxa de carácter funerario da Idade do Bronce, indica Concheiro. A cuestión non é para nada menor. Esa foxa funeraria, que conservaba un pote enteiro e case sen alterar no seu interior, era moi anterior ao propio asentamento. Eu calculo que era do Bronce Final, sinala Concheiro. Iso significa ao redor do 900-800 a.C., ou sexa cincocentos ou seiscentos anos anterior ao propio asentamento. Pero estes galaicos de Riós continuaban sentindo un respecto por este espazo e organizando un hábitat ao redor del. Valdamio permite corroborar a sospeita que se ten desde hai tempo: na Idade do Ferro galega mantíñase unha memoria moi lonxeva que remontaba ata séculos atrás, ao Bronce final, como tamén o parecen demostrar os numerosos depósitos rituais atopados baixo as casas castrexas, de armas ou caldeiros tamén da mesma época.
Para Ángel Concheiro, a finalidade está clara: para min trátase dun asentamento peculiar, que non ten un sentido estritamente habitacional. Os castrexos da zona de Riós sabían que había unha foxa funeraria da Idade do Bronce e eles aproveitaron o espazo para realizar as súas prácticas rituais, ben de tipo funerario ou social. Concheiro sinala un dato importante: non atopamos unha estratigrafía complexa, alí só se estaba un pouco tempo cada ano, se cadra ao final do verán. Podía ser unha sorte de romaría castrexa? É un xeito de velo. Os castrexos eran uns tipos obsesionados con dúas cousas, sinala o arqueólogo, a enfermidade e a herdanza, o pasado. Eles realizan este tipo de prácticas porque alí viven os seus devanceiros.
Un mundo moito máis rico e diverso
Ángel Concheiro non dubida que poidan existir moitos máis sitios arqueolóxicos como Valdamio ao longo de todo o territorio da cultura castrexa, pero a investigación ata o momento non se centrou demasiado neles ou non os mirou deste xeito específico: O rexistro arqueolóxico depende moitísimo de como te achegues a el. Eu creo que hai moita actividade fóra dos castros e é un mundo moito máis rico do que se pensaba. Hai que valorar a paisaxe da Idade do Ferro como un espazo no que se realizan rituais simbólicos, de agregación ou de soberanía.