O debuxante Siro López doa o seu legado bibliográfico á Universidade da Coruña

Ficará custodiado na facultade de Humanidades

  • O patrimonio cultural da Universidade da Coruña (UDC) enriquécese desde esta semana cunha incorporación de excepcional valor. O debuxante, xornalista e ensaísta Siro López (Ferrol, 1943) oficializou a doazón de todo o seu legado bibliográfico ...

Preséntase en sociedade o Foro Galicia Crea

A nova entidade nace da man de profesionais da ciencia, a tecnoloxía e a cultura

  • Cunha xornada sobre Sete séculos de creación literaria en galego , este 5 de decembro se presentaba ao público o Foro Galicia Crea. A nova entidade nace da man "dun grupo diverso de profesionais dos eidos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura" coa...

CGAC e Es Baluard Museu de Palma presentan a súa primeira exposición conxunta

Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes explora o legado do máximo expoñente da Arte Póvera

  • O Es Baluard Museu D’art Contemporani de Palma, dirixido polo galego David Barro, e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) veñen de abrir as súas colaboracións coa inauguración no centro das Illes Balears da exposición Jannis Kounellis....

O Museo de Pontevedra exhibirá as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria

Incorpora á súa exposición permanente as imaxes de Enoc e Elías realizadas polo obradoiro do Mestre Mateo

  • O claustro do Edificio Sarmiento, sede o Museo de Pontevedra, amosa desde esta primeira semana de decembro as estatuas dos profetas Enoc e Elías, realizadas polo taller do Mestre Mateo para a fachada exterior do Pórtico da Gloria. As pezas, que lev...

A colección da Fundación Vicente Risco intégrase no Sistema Galego de Museos

Está integrada por documentación, obxectos persoais e obra artística do autor

  • O legado dunha das figuras centrais da Xeración Nós, Vicente Risco, conta desde agora cun maior grao de protección e recoñecemento institucional. O Consello da Xunta aprobou a integración da Colección Vicente Risco no Sistema Galego de Museos. ...

A Asociación Galega de Editoras estrea o Premio Editio recoñecendo a traxectoria da Libraría Cartabón

A nova distinción premia o labor na promoción do libro galego e a defensa da propiedade intelectual

  • A Asociación Galega de Editoras (AGE) vén de anunciar o nacemento dun novo galardón no panorama cultural do país: o Premio Editio. Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer o labor daquelas entidades, empresas ou persoas que se distingan pola...

O CDG presenta en Compostela Berenguela na gaiola

A montaxe é unha coprodución entre a compañía pública, Galeatro, Xarope Tulú e o FIOT de Carballo

  • A obra coa que Paula Carballeira gañou o Premio Manuel María de Proxectos Teatrais de 2024 chega a Compostela. Logo da súa estrea no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), Berenguela na gaiola preséntase ao público no Salón...

Andrés Rivas Rodís obtén a I Residencia ArtLab IGFAE

O artista disporá de 8.000 euros e dun espazo de traballo para desenvolver o proxecto Outro e sobre si

  • A I Residencia ArtLab IGFAE, que convocan o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e mais a Cidade da Cultura, xa ten gañador. O graduado en Belas Artes Andrés Rivas Rodís foi seleccionado para esta iniciativa polo seu proxecto Outro e sob...

AGalega.gal estrea a miniserie No seu lugar, outro

A proposta combina olladas literarias e do audiovisual para reflexionar sobre o espazo que habitamos

  • Diálogos entre nomes da literatura e do audiovisual arredor do concepto de lugar e a relación co espazo que habitamos. Esta é a proposta da miniserie No seu lugar, outro que desde este 2 de decembro está dispoñible no web AGalega.gal. A produci...

A pandeireta reivindica a súa modernidade nunha xornada do CCG en Lugo

Organiza unha xornada e unha exposición este mércores 3 de decembro

  • A pandeireta deixa de ser unicamente un instrumento de acompañamento para reclamar o seu protagonismo. O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza hoxe, 3 de decembro, a xornada "A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral" na cida...

O concello de Santiago recibe formalmente as esculturas do mestre Mateo

A partir do 11 de decembro poderanse visitar no Museo do Pobo Galego antes da decisión sobre a súa localización definitiva

  • O concello de Santiago escenificou a recepción das esculturas do mestre Mateo, que foron traídas do pazo de Meirás ata o Museo do Pobo galego. Goretti Sanmartín sinalou que se trataba dun "día histórico" para a concello de Santiago. A entidade ...

Carla Simón recibe o Premio de Cinematografía de Novos Cinemas

O galardón de nova creación entregouse durante a presentación do festival que comezará o vindeiro martes

  • Coincidindo coa presentación do programa do seu décimo aniversario o festival Novos Cinemas de Pontevedra entregou hoxe á cineasta Carla Simón o que é o primeiro Premio de Cinematografía Novos Cinemas, un recoñecemento que nace para destacar o...

Un xogo de té en coiro e cerámica gaña o Premio de Artesanía

A peza é unha colaboración entre os obradoiros de Alberto Lista e Coiro Tres Pés

  • Unha peza elaborada de xeito colaborativo entre un obradoiro de cerámica e outro de coiro ven de facerse co Premio de Artesanía de Galicia 2025. O xogo de té en funda de coiro Nemein, creado entre o obradoiro de cerámica Alberto Lista (Buño, Mal...

A Cátedra Rosalía de Castro dará a coñecer novos detalles da vida da poeta

A I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro celébrase o 11 de decembro en Santiago

  • A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle este 11 de decembro a I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro. No encontro diferentes especialistas en estudos rosalianos achegarán datos inéditos e novas pers...

A rehabilitación do Teatro Fraga custará máis de 20 millóns

Xunta e Deputación asinarán un convenio polo que achegarán este capital para as obras

  • O Consello da Xunta aprobou na súa primeira sesión de decembro asinar un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra que levará a un investimento total de máis de 20,8 millóns de euros para completar a rehabilitación do T...

O gasto das familias en cultura continúa en máximos en Galicia

O Consello da Cultura publica a IX Conxuntura estatística do ámbito cultural

  • A IX Conxuntura estatística do ámbito cultural, coa que o Observatorio da Cultura Galega analiza de xeito anual os principais indicadores estatísticos sobre esta cuestión no noso país, está xa dispoñible na rede. O Consello da Cultura Galega d...

Culturgal recibiu máis visitantes ca nunca

A feira foi visitada por máis de 16.000 persoas e para o ano expandirase por Pontevedra

  • A feira Culturgal pechou onte, domingo, a súa edición 2025 cun balance de asistencia moi satisfactorio, xa que máis 16.100 espectadores pasaron polo Pazo da Cultura de Pontevedra. A cifra supera non só a do pasado ano por moito (12.700), senón q...

Fanzine Fest celebra once anos con 32 artistas galegos e internacionais

O festival coruñés comeza hoxe no Planetario unha semana dedicada á música electrónica

  • Sete días, sete espazos, 32 artistas, esa é a presentación en cifras da XIª edición do Fanzine Fest da Coruña que comeza este luns, 1 de decembro. O festival de música electrónica organizado polo selo Fanzine Project comezará hoxe no Planeta...

Desaparece a asociación Fillos de Galicia, pioneira da Internet galega

Os webs da entidade poderán seguir consultándose a xeito de arquivo

  • Logo do acordo tomado o pasado 28 de xullo en asemblea, a Asociación Cultural Fillos de Galicia deixa de existir legalmente. A entidade, pioneira da Internet galega, desenvolveu múltiples iniciativas desde 1997, como o portal que lle dá nome e que...

Os II Premios Manu Lago recoñecen propostas de novo circo

José Luis Rodríguez Kote obtivo o galardón á traxectoria

  • O Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollía este 30 de novembro a gala de entrega do II Premio Manu Lago de Novo Circo Galego. O Premio de Recoñecemento foi nesta xeira para José Luis Rodríguez Kote , "veterano artista de circo e figura i...