Redrum estrea 'Nas Nubes' en Ourense

Alex Sampaio dirixe esta comedia distópica sobre os impactos da tecnoloxía

  • O Teatro Principal de Ourense acolle este vindeiro sábado, 15 de novembro, a estrea de 'Nas Nubes', a nova montaxe escénica da compañía Redrum Teatro. Alex Sampayo dirixe esta comedia sobre texto de José Luis Baños de Cos e que protagonizan Xú...

Paula Currás faise co XXXVIII Premio de Poesía Pérez Parallé

O certame do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene ten unha dotación de 3.000 euros

  • A trixésima oitava edición do Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé foi para Paula Currás. A autora nada en Cambre en 1996 impúxose neste galardón e levará o premio de 3.000 euros en metálico pola obra Vestiario . O volume será publi...

Siro protagonizará o Día da Ilustración 2026

É a segunda persoa viva en recibir a homenaxe que se celebra cada 30 de xaneiro

  • A Consellería e Cultura e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), acordaron dedicarlle o Día da Ilustración de 2026 a Siro López. O coñecido caricaturista protagonizará as celebracións do vindeiro 30 de xaneiro, e é a seg...

Un volume compila as BDs da serie Castelao de Inacio Vilariño e Iván Suárez

David Rubín lanza en Estados Unidos a serie Space Scouts, con guión de Matt Kindt

  • Demo Editorial lanza este mes de novembro o volume Castelao, integral . A obra compila os catro títulos da serie que realizaron Inacio Vilariño e Iván Suárez co rianxeiro como protagonista. O lanzamento, que quere sumarse ás conmemoracións polo...

O Museo do Mar tende unha ponte con Xapón na exposición 'A arte do efémero'

A mostra presenta pezas de arte nipón de dúas importantes coleccións privadas

  • O Museo do Mar de Galicia acolle ata o 25 de xaneiro a mostra "A beleza do efémero. A arte xaponesa a través das coleccións de Daniel Buján e Pardo-Mitsunaga". Esta exposición é un achegamento á arte nipoa a través dos gravados coñecidos co ...

A Xunta quere trasladar aos concellos parte das autorizacións en obras do Patrimonio

A modificación será tramitada na nova Lei de acompañamento dos Orzamentos

  • José López Campos, conselleiro de Cultura, presentou en Ourense o martes a vontade de axunta de modificar a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia co obxectivo de "axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz". López Campos sinalou q...

O novo disco de Tiruleque homenaxea os espazos urbanos de foliada

Este domingo o Teatro Colón acollerá o concerto de presentación de 'Repichoca'

  • A formación coruñesa Tiruleque ven de sacar o que xa é o seu quinto disco de estudio 'Repichoca'. Precedido inmediatamente polo disco co que en 2021 celebraban a súa traxectoria de dúas décadas 'Tiruleque 20 anos no camiño', chega agora este n...

Cantareiras nas cidades do silencio (I)

A ruptura na transmisión da música tradicional fosilizou os contidos das cantigas a mediados do século XX

  • O desprazamento masivo de poboación cara ás cidades ao longo do século XX repercutiu na creba da transmisión da música e do baile tradicionais. Mulleres como as homenaxeadas no Día das Letras deixaron, nese novo contexto, de cantar e de innovar...

Retiran un barco abandonado da Ría de Betanzos para o rehabilitar

O Concello de Betanzos e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas desenvolven un proxecto piloto para valorizar estes restos

  • Transformar os restos dun barco situado na Ría de Betanzos nun espazo de xogo para crianzas. Este é o proxecto piloto que queren desenvolver o Concello de Betanzos e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas no marco dun programa para valorizar os ...

O TSXG exime a o Concello de Vigo de pagar polo concerto de Guns 'N Roses

A Sala destaca que "os tratos previos á contratación non vinculan á Administración en materia de contratación pública"

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de revogar a sentenza que condenou ao Concello de Vigo a pagarlle á promotora Sweet Nocturna 1.563.000 euros -máis IVE e intereses- polo concerto que Guns N' Roses ofreceu no estadio municipal de...

A vila que non chegou a ser

Entre a dilatada secuencia temporal do castelo de Lobarzán, os arqueólogos identifican un poboado altomedieval que non prosperou por motivos descoñecidos

  • Durante moito tempo as dez hectáreas do conxunto arqueolóxico do castelo de Lobarzán e o recinto da Ceada (Monterrei) alimentaron hipóteses sobre en que época se construíran os espazos. Tras varias campañas de escavación, os arqueólogos come...

ILG e Consello da Cultura Galega analizan a construción das identidades lingüísticas

As dúas entidades presentaron este 3 de novembro o volume Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística

  • O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, en Santiago, acollía na mañá deste 3 de novembro a presentación do volume Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística . Esta publicación do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Inst...

Sae a licitación o proxecto para musealizar o Museo de Caaveiro

A Deputación da Coruña investirá 340.000 euros en dotar de contidos este conxunto

  • Un novo proxecto de musealización ampliará os contidos do Museo de Caaveiro, situado nas Fragas do Eume, no Concello da Capela. A Deputación da Coruña saca a concurso as obras para un proxecto que conta cun orzamento total de 342.975,21 euros. Se...

O Colexio de Arquitectos retoma a publicación da revista Obradoiro

O número 35 da histórica cabeceira, que volta logo de 13 anos, céntrase nas paisaxes

  • Este mes de outubro viu o relanzamento dunha publicación histórica no noso país. A revista Obradoiro do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) iniciaba o día 10 unha nova etapa logo de trece anos de pausa. A cabeceira, nada en 1978, "foi un ref...

O público xa pode votar nos Premios da Industria Musical de Galicia

Ábrese o prazo para elixir o Premio á Excelencia na Experiencia nestes novos galardóns

  • Os novos Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega de Empresas Musicais veñen de abrir a fase de votación popular para elixir o Premio á Excelencia na Experiencia do Público nesta primeira edición dos galar´don...

A Xunta publica a declaración BIC definitiva dos murais de Lugrís da Coruña

O informe advirte do deterioro e estado crítico do que considera "a Capela Sixtina" do artista

  • Coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da Declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do conxunto de pinturas murais do antigo restaurante Fornos ou murais do Fornos, sito na cidade da Coruña dáse un paso máis cara a recuperación...

A Consellería de Cultura fai do incremento en fondos para normalización a bandeira dos orzamentos

José López Campos presentou no Parlamento os proxectos do seu departamento para o 2026

  • Un total de 150 millóns de euros compoñen o orzamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para 2026. Así o recolleu na mañá deste 29 de outubro o responsable deste departamento José López Campos, na súa comparecencia ante a Comisi...

O Gaiás presenta o legado artístico de Asorey

A exposición sobre o escultor é a máis completa realizada ata agora

  • A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, inaugurou hoxe a exposición "Francisco Asorey, unha recuperación necesaria", último gran proxecto expositivo da institución deste 2025. A exposición, comisariada por Miguel Fernández-Ci...

Francisco Fernández Davila faise o IX Premio Agustín Fernández Paz

O autor impúxose no galardón de narrativa pola igualdade cunha obra sobre fútbol e segredos familiares

  • O Auditorio de Vilalba acollía na tarde deste 26 de outubro a gala de entrega do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. No final do acto deuse a coñecer o fallo da novena xeira deste galardón que organi...

O Día das Bibliotecas enche de actividades estes centros

A Biblioteca de Galicia dedícalle unha exposición á historia do cinema no país ata o vindeiro 31 de maio

  • Unha ampla programación por todo o país conmemora o Día das Bibliotecas este 24 de outubro. Os centros que dependen da Xunta, a incluír as furgotecas móbiles que atenden zonas rurais de Lugo e de Ourense, acollen contacontos, concertos, obradoir...