Cecilia F. Santomé resulta gañadora do XLIV Premio de Novela Blanco Amor

A autora vilalbesa recibirá 15.000 euros pola súa obra Boundaries Road SW12 8HD

  • A Deputación de Ourense e mais a Fundación que leva o nome do escritor daban a coñecer este 24 de novembro o fallo da cuadraxésima cuarta edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor. A escritora de Vilalba Cecilia F. Santomé impúxose entre o...

O festival de Xixón premia a Ángel Santos e Anxos Fazáns polas súas novas longametraxes

O pontevedrés recibiu o galardón de mellor dirección na sección internacional por 'Así chegou a noite'

  • A 63ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) deixou no seu palmarés o recoñecemento a dúas persoas da escena audiovisual galega actual que amosa a forza do talento creativo do momento actual. Así o director Ángel Santos (Po...

Inés Mosquera imponse no XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

A gañadora recibirá 2.500 euros e verá publicado o seu poemario Upupú

  • O Concello de Dodro daba a coñecer este venres 21 de novembro o fallo do XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. A padroense Inés Mosquera impúxose nesta xeira do certame co poemario Upupú . A gañadora recibirá un premio de 2.500 e...

Malpica acolle o simposio sobre as cantareiras polo Día das Letras Galegas

A RAG ponlle o ramo á celebración co encontro As cantareiras e a poesía popular oral este 22 de novembro

  • A Real Academia Galega (RAG) ponlle o ramo ás celebracións do Día das Letras Galegas dedicado á poesía popular. Malpica, localidade natal de Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas no último 17 de maio, acolle o día 22 de novembro o simposio As...

Nicolas Muller: O ollar das marxes

O traballo do fotógrafo húngaro sobre a Galicia dos anos 60 percorre o país nunha exposición antolóxica

  • Encargáranlle fotografar monumentos, paisaxes e escenas típicas daquela Galicia que, nos anos 60, iniciaba unha acelerada transformación. E fíxoo. Pero ao tempo, encheu os seus carretes con imaxes nas que reivindicaba a dignidade do traballo, das...

A Fundación MOP abre ás portas do mundo fotográfico de Annie Leibovitz

'Wonderland' supón a primeira gran retrospectiva da artista en España

  • A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ven de celebrar o evento de apertura oficial da súa nova exposición 'Wonderland' que mañá xa estará aberta para o público xeral nos Peiraos de Batería da Coruña. 'Wonderland' supón a primeira gran retro...

O ministerio de Cultura incoa a declaración da ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural

O monumento de Becerreá do século XVIII fai parte da rede viaria estatal

  • O Boletín Oficial do Estado deste 19 de novembro publicaba a incoación do expediente para declarar a ponte de Cruzul, en Becerreá, como Ben de Interese Cultural na categoría de Monumento. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes do...

As Xornadas sobre Ramón Piñeiro celebran a súa cuarta edición

O programa de Olladas no Pasado reúne a profundos coñecedores do seu legado e do seu pensamento

  • A cuarta edición das Xornadas Olladas no Pasado, centradas de novo en afondar no pensamento e legado do pensador e galeguista Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Santiago de Compostela, 1990) terán lugar este venres 21 e sábado 22 de novembro. Unha ...

Sirât opta a catro Premios do Cinema Europeo

O filme de Óliver Laxe é tamén finalista nos Premios Forqué do cinema estatal

  • Os Premios do Cinema Europeo teñen unha especial presenza galega na súa 38 edición. O filme Sirât , de Óliver Laxe, acumula catro candidaturas nos galardóns que convoca anualmente a Academia de Cinema Europeo. Ademais, a produción opta tamén ...

O Consello da Cultura analiza o traballo do Centro Dramático nunha xornada

O encontro, que se pode seguir online, abre un ciclo de debate sobre as institucións culturais galegas

  • A sede do Consello da Cultura Galega (CCG) en Santiago de Compostela acolle este 19 de novembro a xornada Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega . O encontro, que se pode seguir en l...

Falece o produtor de cine Julio Fernández

Foi unha figura fundamental da evolución do audiovisual co grupo Filmax desde finais dos anos noventa

  • Con 78 anos de idade falecía hoxe en Miami o produtor cinematográfico Julio Fernández, figura clave do audiovisual estatal nos finais do século XX e principios do XXI a través da súa empresa Filmax. Natural da Fonsagrada (Lugo), os seus restos ...

A Xunta licita a restauración da igrexa de Santa María da Atalaia, en Laxe

O orzamento de 170.000 euros permitirá recuperar varias pezas escultóricas presentes no templo

  • Un investimento total de 170.000 euros permitirá restaurar a igrexa de Santa María da Atalaia, en Laxe. A Xunta licitou o proxecto de recuperación deste templo de estilo gótico mariñeiro, no que xa se está a traballar sobre o cruceiro. Segundo ...

Comeza a 33 Semana de Cine Submarino en Vigo

A cita audiovisual e científica co mundo mariño terá lugar no Teatro AFundación con entrada libre

  • Hoxe sopra 33 candeas a Semana de Cine Submarino de Vigo, inaugurando unha nova edición que desde este martes e ata o xoves volverá a achegar o mundo mariño a través de curtas e longametraxes nacionais e internacionais. O auditorio do teatro Afun...

Diego Lara gaña o Concurso de Intervencións artísticas do Gaiás

O madrileño propuxo unhas estruturas de madeira para instalar na lagoa do Xardín Literario

  • A Xunta de Galicia acaba de seleccionar a proposta 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' como gañadora do Concurso de Intervencións Artísticas nos espazos exteriores do Gaiás, convocado entre os e as participantes no XV Encontro de Artistas ...

Emma Lustres recollerá a Medalla de Ouro dos Premios Forqué

O galardón da EGEDA recoñece a carreira da produtora galega e a súa defensa dos dereitos da profesión

  • A produtora e fundadora de Vaca Films, Emma Lustres, foi galardoada este 13 de novembro coa medalla de ouro de EGEDA, Sociedade de servizos para os produtores audiovisuais. O recoñecemento, que se outorga no marco dos Premios Forqué do cinema estat...

A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra é galardoada co Premio Otero Pedrayo

A entidade, que cumpre cen anos neste 2025, recibirá 16.000 euros en metálico

  • O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciaba na mañá deste 14 de novembro o fallo do Premio Otero Pedrayo, que convocan as catro entidades provinciais canda a Xunta de Galicia. A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra foi se...

Os I Premios da Industria Musical recoñecen a Carlos Ares como Artista do Ano

AGEM deu a coñecer os proxectos finalistas dos galardóns que se entregan o vindeiro 27 de novembro

  • A Axencia Galega das Industrias Musicais (AGEM) daba a coñecer este 13 de novembro o fallo dos galardóns honoríficos dos I Premios da Industria Musical Galega. Carlos Ares foi recoñecido como Artista do Ano, mentres Francisco Gómez Gandy recibir...

A XXVI Mostra de Curtas de Noia programa 45 filmes na súa sección oficial

O encontro desenvólvese ata o vindeiro 22 de novembro con Mela Casal como Premio Honorífico

  • Unha gala de presentación daba a saída este 12 de novembro á vixésima sexta edición da Mostra de Curtas de Noia. Cunha selección de oitenta filmes na sección oficial, das máis de mil que se presentaron a concurso, o encontro desenvólvese ata...

Doce proxectos reparten os 300.000 euros do programa Territorio Cultura

A liña de subvencións levará actividades culturais a 60 concellos rurais do país

  • A Consellería de Cultura daba a coñecer este 10 de novembro a resolución da liña de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas, Territorio Cultura. Un total de 12 proxectos reparten os 300.000 euros de orzame...

Cantareiras nas cidades do silencio (II)

As urbes galegas pasaron de ser espazos marxinais a auténticos focos de recuperación da música tradicional

  • Malia a seren durante anos un contexto hostil ao desenvolvemento da cultura tradicional, as cidades galegas foron e son espazos clave para a recuperación deste patrimonio. Desde as iniciativas que comezaron a valorizar o labor da cantareiras ata os ...