Francisco Javier Fernández Davila novo gañador do Premio Repsol

O vigués acadou o voto da maioría do xurado coa súa obra Groenlandia

  • A novela Groenlandia, de Francisco Javier Fernández Davila, foi a obra elixida polo xurado como gañadora por maioría da 17ª edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega que ven de darse a coñecer. O xurado define a obra premiada co...

Carmen Caramés faise co III Premio Literario Pinto e Maragota

O poemario Todo o que doe valeulle o galardón, dotado con 3.000 euros

  • O Concello de Pontevedra e Edicións Xerais daban a coñecer este 28 de setembro o fallo da terceira edición do premio literario Pinto e Maragota, que convocan coa intención de "visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero". Nesta xei...

Dimite en bloque o Consello Asesor do Museo de Pontevedra

As decisións tomadas nesta nova etapa da deputación e a falta de consultas ao órgano motivan esta decisión

  • A directora de Esdemga, Lola Dopico; a arqueóloga Beatriz Comendador; o crítico de arte Ramón Rozas; a arquitecta e ex-conselleira Teresa Táboas; o empresario fundador de Esmerarte Joaquín "Kin" Martínez; a artista Menchu Lamas; e o pedagogo e ...

A Bienal Internacional de Arte volverá a Pontevedra en 2025

Levaba sen celebrarse desde 2010 e o vicepresidente da deputación anunciou a súa recuperación

  • O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou onte a recuperación da Bienal de Arte en Pontevedra, a celebrar quince anos despois da súa derradeira edición ata o momento. O ano 2025 será, segundo Domínguez, o da volta ...

Unhas xornadas abordan as conexións literarias de Santiago

Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela desenvólvense entre o 29 de setembro e o 1 de outubro

  • Explorar a conexión entre a literatura e a cidade a través de tres obras senlleiras. Este é o obxectivo co que nacen as xornadas Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela , que se desenvolven na capital do país entre o 29 de setembro e o de ...

A Asociación Senunpeso cesa a súa actividade

O colectivo de Vedra fora pioneiro na dinamización audiovisual con propostas como o LAV.mov

  • Cun comunicado na súas redes sociais, a actual directiva da Asociación Senunpeso anunciaba este 20 de setembro o final da súa actividade. Segundo explica este texto "na última asemblea xeral (decembro de 2022) eramos catro gat@s (literalmente) e ...

Ángeles Tilve é a nova directora do Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra cesa a José Manuel Rey

  • A Deputación de Pontevedra cesou a José Manuel Rey, ata agora director do Museo de Pontevedra. Rey, arqueólogo da Xunta, accedera ao posto executivo hai catro anos tras un concurso convocado polo ente provincial, titular do Museo. Ángeles Tilve, ...

O Pazo de Lourizán acollerá o Arquivo Histórico de Montes de Galicia

O complexo de Pontevedra combinará investigación e divulgación na súa nova etapa

  • A Xunta de Galicia converterá o Pazo de Lourizán na sede do Arquivo Histórico de Montes de Galicia. Este novo espazo pretende "recuperar, centralizar e conservar toda a documentación e información existente sobre o monte galego ao longo do tempo...

As pinturas do dolmen de Pedra Cuberta serán tapadas para a súa protección

Avanzan os traballos para a protección deste emblemático monumento prehistórico da Costa da Morte

  • En 1933 Georg e Vera Leisner interviron no dolmen de Pedra Cuberta (Vimianzo), documentando alí unha decoración pictórica sorprendente de época prehistórica. Na actualidade, non hai moitos dólmenes galegos que preserven esa decoración orixinal...

A obra teatral póstuma de Domingo Villar ve a luz

'Síbaris' sairá publicada este mércores e o día 30 estréase nos escenarios

  • O prematuramente falecido escritor Domingo Villar (Vigo, 1971-2022) protagoniza a actualidade este mes de setembro grazas á publicación e estrea da súa obra 'Síbaris'. O texto teatral, unha rareza da súa creación literaria máis dirixida cara ...

Lourenzá acolle o simposio sobre Francisco Fernández del Riego

Unha vintena de especialistas abordarán a figura homenaxeada no Día das Letras no marco dun curso de verán

  • Desde este luns 4 de setembro e ata o vindeiro día 6, a vila de Lourenzá acolle o encontro Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX . A Real Academia Galega (RAG), o Concello e a Universidade de Santiago (USC) organizan o que ...

Presentan a serie 'Rockefeller en Mondariz'

Recolle a viaxe feita polo multimillonario a terras galegas en 1929

  • Hoxe venres ás 20:00 horas terá lugar no salón de actos do Concello de Mondariz Balneario (Pontevedra) a presentación en primicia da serie de televisión "Rockefeller en Mondariz". Este traballo audiovisual indaga na visita que o famoso millonari...

Desmantelan e rouban un hórreo de dous séculos en As Neves

Estaba nunha reitoral de Tortoreos propiedade da Igrexa

  • Segundo a lexislación vixente en materia de patrimonio todos os hórreos de máis de cen anos de antigüidade teñen protección como Bens de Interese Cultural en Galicia (Decreto 449/1973 do 22 de febreiro) pero esta cobertura xenérica non inclúe...

O festival de Jazz de Pontevedra comeza hoxe a súa 29ª edición

Estará máis centrado este ano no blues e o soul

  • A Praza da Ferraría de Pontevedra acollerá hoxe co concerto de Gisele Jackson and The Shu Shu’s o comezo da 29ª edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra que terá lugar ata o 11 de agosto. A edición deste ano, que se mov...

A Fundación Penzol recibe un fondo documental de Emilio Álvarez Blázquez

O fillo do escritor falecido en 1988 realizou esta doazón que está pendente de inventariar

  • A Fundación Penzol ven de recibir en doazón un fondo documental persoal do poeta e intelectual Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919 - Vigo, 1988) de mans do seu fillo Emilio Álvarez Pazos. O pasado 2 de agosto tivo lugar a sinatura do documento de...

O festival de Toronto acollerá a estrea mundial de 'O Corno'

O filme de Jaione Camborda está rodado en galego e portugués nas comarcas de Arousa e Baixo Miño

  • A película 'O Corno', da directora e guionista Jaione Camborda (Donostia, 1983), competirá na sección Platform do Festival Internacional de Cinema de Toronto (TIFF), onde terá lugar a súa estrea internacional. O certame celebrarase entre o 7 e o...

O Museo de Pontevedra homenaxea cunha exposición a Juan Carlos Meana

O recentemente falecido artista foi decano da Facultade de Belas Artes

  • O Museo de Pontevedra, en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, recordará a figura do artista e profesor Juan Carlos Meana (Vitoria, 1964 – Pontevedra, 2023) cunha exposición monográfica na que se revisa a súa trax...

Francisco Sandoval gaña o XXIV Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo

O seu traballo analiza os elementos que deron forma e sentido á comarca de Ordes

  • Coincidindo co 117 aniversario do nacemento de Xesús Ferro Couselo, que se celebrou o pasado domingo, 30 de xullo, deuse a coñecer o fallo da XXIV edición do premio que leva o seu nome convocado polo Concello de Valga. O investigador e arquiveiro ...

Fernando Carballa expón no Palacete das Mendoza de Pontevedra

Mostra o traballo coa porcelana e o barro do artista pontevedrés

  • A Deputación de Pontevedra abre ao público este sábado 29 de xullo no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, a exposición "F. Carballa con barro", na que se mostra o traballo coa porcelana e o barro do artista pontevedrés Fernando C...

Silvia Penide renova o seu compromiso coa música en "Mientras dure el aplauso"

Reúne no seu novo disco un feixe de colaboracións nun repaso da súa carreira musical de vinte anos

  • Silvia Penide cumpría anos este pasado día 26 de xullo e aproveitou o momento para facer a presentación do seu novo traballo discográfico que é, nas súas propias palabras "resumo de vida e de compromiso". Con este disco a artista de Arteixo cel...