En 1933 Georg e Vera Leisner interviron no dolmen de Pedra Cuberta (Vimianzo), documentando alà unha decoración pictórica sorprendente de época prehistórica. Na actualidade, non hai moitos dólmenes galegos que preserven esa decoración orixinal, que sufriu en moitos casos as inclemencias do tempo e da acción humana por milenios. AÃnda que no seu momento se volveu tapar para mellorar a súa protección, unha parte das pinturas ficaron no exterior, afectadas por todo tipo de axentes e cubertas de liques. Un equipo arqueolóxico estivo traballando nestes dÃas para limpar o dolmen, reescavar a área intervida nos anos 30 polos Leisner e proceder á restauración e protección das pinturas, que serán recubertas de novo para garantir a súa protección. Esa foi tamén a solución adoptada en 2009 para protexer as pinturas do Forno dos Mouros (Toques), aÃnda que na Costa da Morte a Deputación coruñesa construiu no seu momento un edificio de gran envergadura para protexer as de Dombate (Cabana de Bergantiños). Durante a intervención, o equipo de Adro ArqueoloxÃa localizou tamén algúns materiais arqueolóxicos, como puntas de flecha de seixo. Ao longo desta semana, o profesor Fernando Carrera da Escola de Conservación e Restauración de Pontevedra, traballará na restauración das pinturas antes de proceder ao seu novo tapado.
Punta de flecha de seixo atopada no dolmen de Pedra Cuberta. Foto: Concello de Vimianzo
Punta de flecha de seixo atopada no dolmen de Pedra Cuberta. Foto: Concello de Vimianzo