Cun comunicado na súas redes sociais, a actual directiva da Asociación Senunpeso anunciaba este 20 de setembro o final da súa actividade. Segundo explica este texto "na última asemblea xeral (decembro de 2022) eramos catro gat@s (literalmente) e iso, unido ao desgaste propio do paso do tempo e as ocupacións varias que nos impiden dedicarlle esforzos á asociación, levounos a abrir un proceso de debate interno sobre o futuro. A conclusión á que chegamos é que non vemos viable seguir adiante".
Senunpeso desenvolvÃa desde hai unha ducia de anos diferentes ciclos de cinema no concello e puxera en marcha o LAV.mov, un encontro de formación e creación audiovisual que conseguiu un importante eco en todo o paÃs cos seus obradoiros ou coa convocatoria "A fume de carozo" para crear filmes en dous dÃas.
Segundo apunta a directiva, "poderiamos facer unha pausa coa ilusión de volver máis adiante, poderiamos lanzarnos a buscar xente nova que tome o relevo... pero temos o convencemento de que nos/vos estariamos enganando: cada vez somos menos á fronte da asociación e tamén notamos que cada vez demandades menos as nosas propostas. Asà que preferimos matar o proxecto aquà e agora e non ver como esmorece ata apagarse".
Como últimas accións, o colectivo artellará un arquivo co material das actividades realizadas e doará os seus materiais a outra asociación sen ánimo de lucro.