O LAV de Vedra fecha etapa para se reinventar

Logo de dez anos, este inverno non haberá edición do ciclo formativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O LAV de Vedra fecha etapa para se reinventar

Unha das citas xa fundamentais na formación audiovisual do país, o LAV de Vedra, fecha as súas portas. A organización do evento anunciaba a pasada semana a través das redes sociais que fechan unha etapa desta iniciativa coa intención de reformular o proxecto. "Cargámonos o Laboratorio Audiovisual de Vedra, polo menos tal como o coñecemos. Acabouse a fin de semana de febreiro de cursos intensivos no colexio de Vedra", explican nun comunicado en Facebook e indicar que "xa estamos traballando nun novo proxecto: despois de 10 anos nas aulas, chegou a hora do patio, a hora de que o LAV saia a airearse. Nese proceso estamos: remexendo os miolos para completar o proceso de reconversión do que sairá a nova mutación do LAV". Adiantan que non será ata despois do verán que se coñezan as novidades da iniciativa, que cumpriu neste 2017 unha década de existencia.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Facebook

Claves

Conceptos
Lugares