O LAV convoca os seus obradoiros para 2016

Vedra acolle a nova edición deste encontro formativo entre o 13 e o 14 de febreiro

18/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Ata o vindeiro 31 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para a vindeira edición do LAV de Vedra 2016. A oferta de cursos de formación audiovisual do evento inclúe este ano propostas sobre realización de videoclips, escritura de guión de longametraxe, interpretación para a televisión, creación audiovisual en tempo real, sonorización de eventos, son "do low cost ao cinematográfico", "Kung fu fotográfico" e dirección de actores e actrices. Ademais, e como xa é habitual, haberá tamén actividades para os máis novos de balde. A vindeira edición deste laboratorio audiovisual desenvolverase entre o 13 e o 14 de febreiro.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Guión

Claves

Conceptos
Lugares