O LAV de Vedra convoca a oitava edición dos seus cursos

A oferta abrangue desde colorimetría a interpretación ou deseño efémero

13/1/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Audiovisual con móbil, montaxe, maquillaxe e efectos especiais, traballo con hardware libre, interpretación, dirección de actores ou colorimetría. O Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV) convoca unha nova edición, a oitava xa, dos seus cursos. Entre o seis e o oito de febreiro os interesados poderán participar dunha oferta formativa a cargo de profesionais como Flor Maceiras, Jorge Coira, Alfonso Zarauza ou Xoán Diéguez entre outros. Ademais das actividades formativas, o encontro inclúe tamén unha mostra audiovisual.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Alfonso Zarauza, Jorge Coira

Claves

Lugares