Vedra acollerá obradoiros, proxeccións e conferencias sobre o audiovisual

A III edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra terá lugar no mes de febreiro

28/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

María Bouzas, Juan Pablo Etxeberry, Alfonso Zarauza... son algúns dos profesionais que impartirán os diferentes cursos da III edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra. Un encontro que contará con obradoiros, proxeccións (a nivel avanzado, iniciación e para alumnos de Secundaria) e conferencias sobre o sector audiovisual. O programa, cuxo prazo de inscrición xa está aberto, foi organizado pola Asociación Cultural Sen un peso e desenvolveranse na segunda quincena de febreiro.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Alfonso Zarauza, Secundaria

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares