O Laboratorio de Vedra abre o prazo de inscrición dos seus cursos audiovisuais

Están organizados pola Asociación Senunpeso

28/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Leva cinco anos impartindo cursos de formación audiovisual de carácter non regrado. Da man de profesionais recoñecidos do tecido audiovisual galego e nun contorno rural, moi alonxado dos tradicionais foros destas actividades. A Asociación Senunpeso acaba de facer pública a inscrición das súas VI xornadas, que ofertan 158 prazas repartidas en nove obradoiros, seis deles de iniciación e tres avanzados dirixidos a profesionais. A inscrición pode facerse ata o primeiro de febreiro a través do sitio web e todos os cursos impartiranse nese mesmo mes.

Listado completo de cursos

Iniciación:
• Animación: 25 prazas / 80€ / días 4, 5, 11 e 12 de febreiro / 28 horas
• O intérprete diante da cámara: 14 prazas / 50€ / días 4 e 5 de febreiro / 14 horas
• Postprodución dixital: 15 prazas / 50€ / días 4 e 5 de febreiro / 14 horas
• Open vídeo e a web: 16 prazas / 60€ / días 11 e 12 de febreiro / 14 horas
• Storyboard: 16 prazas / 60€ / días 11 e 12 de febreiro / 14 horas
• Iniciación ás curtametraxes para o alumnado de ESO: 25 prazas / gratis / días 4, 5, 11 e 12 de febreiro / 28 horas

Avanzados:
• Corrección de cor e etalonaxe: 16 prazas / 80€ / días 11 e 12 de febreiro / 14 horas
• Interpretación na dobraxe: 16 prazas / 80 € / días 4, 5, 11 e 12 de febreiro / 28 horas
• Marketing para proxectos audiovisuais: 15 prazas / 60€ / días 11 e 12 de febreiro /14 horas

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ESO, Vedra, Animación

Claves

Conceptos
Lugares